Sempre nos produce certa inquietude pensar no que nos agardará tras a morte. Especulamos cunha dimensión da que apenas coñecemos nada e mesmo transitamos por ela con total liberdade co salvoconduto que nos outorgan os libros. Anxos, demos e outros seres fantásticos habitan -ademais de na ultratumba– nunha cantidade inxente de obras, especialmente naquelas destinadas a público xuvenil. Mozos e adolescentes devoran obras e mesmo sagas fantásticas nas que aparecen estes personaxes, pero, paradoxalmente, na súa maioría descoñecen todo o armazón relixioso que sustenta estes universos de ficción.
O afamado autor Eliacer Cansino, especialmente coñecido polas súas obras xuvenís coas que conquistou importantes galardóns, introdúcese no ensaio con esta monografía na que realiza unha exhaustiva análise de temas e personaxes recorrentes na literatura xuvenil actual e pon de manifesto a súa dependencia cos universos relixiosos.
A obra comeza cunha breve introdución na que o autor, tras agradecer a todos os que fixeron posible a realización e publicación da mesma, apunta o motivo que o move a levar a cabo esta sucinta investigación. Cansino observa o enorme interese que espertan entre os mozos as que cataloga como “literaturas de ultratumba”. Pero observa tamén que este sector da poboación descoñece, na súa maioría, as claves ideolóxicas sobre as que se sustentan estas obras. Prodúcese así o que denomina “paradoxos do ateísmo”, eixo principal do traballo e que non é outra cuestión que a seguinte:
¿Cómo es posible que en una sociedad que se muestra mayoritariamente atea, con
presupuestos estrictamente materialistas en su concepción del mundo, mantenga en la actualidad tan vivo interés por una literatura basada en figuras (ángeles, demonios, vampiros, fantasmas, hadas, gnomos, magos) que tienen su encaje fundamental en una concepción religiosa del mundo? (Cansino, 2017, p. 12)
Como punto de partida, o autor trata de definir os conceptos de “ateísmo” e “relixión” e ponos en relación co exercicio da literatura. Enumera seis características básicas que, de darse nunha obra literaria, presupoñen no lector un coñecemento do armazón ideolóxico que sustenta o pensamento relixioso. Así pois, para o autor, posúe sentido relixioso toda obra literaria que conciba a existencia dalgún deus; acepte unha dualidade de mundos (un deles sobrehumano) e a existencia de seres mediadores entre ambos; contemple a posibilidade da vida tras a morte; aborde o problema da pugna entre o Ben e o Mal metafísicos, e conciba o mundo que habitamos como debedor da Creación.
A continuación, ao longo de cinco capítulos (os comprendidos entre o 3 e o 7, ambos inclusive) Cansino irá abordando e explicando a hipótese poliédrica que lle serviu de punto de partida e constantemente convidará o lector á reflexión. En primeiro lugar, centrarase nas variacións anxélicas. Todas as tra dicións relixiosas, di o autor, recoñecen a existencia dunha realidade diferente á do mundo empírico; dita realidade está fundamentada nun Deus e non permanece illada da vida terreal porque existen intermediarios que permiten o contacto entre ambas. Estes mediadores foron considerados de maneiras moi variadas (corpos celestes, daimones…), pero de entre todas a que prima no imaxinario colectivo é a figura do Anxo –cuxa representación iconográfica máis estendida é un belo ser alado–.
Da igual a qué personalización del ángel nos refiramos, a cual de sus nombres, que en definitiva son nombres de Dios (en el caso de la tradición judía la terminación
«el» de cada uno de los ángeles hace referencia a Dios: Gabriel, Miguel…), en todos los casos su afirmación, su presencia exige la existencia de un mundo trascendente del que el ángel procede y con el que el ángel nos rela ciona. (Cansino, 2017, p. 25)
O home contemporáneo é reticente a aceptar que o sentido da vida terreal proveña doutra posible; con todo, os seus gustos literarios din o contrario, xa que recentemente proliferaron obras infantís e xuvenís cuxas tramas e argumentos arraigan nestas figuras “relixiosas”. Cita como exemplos
Algo similar ocorre coa inmortalidade. Desde unha perspectiva puramente materialista –que se supón que é a que impera na actualidade– nada xustifica este fenómeno: “Drácula y cuantos vampiros siguen la estela de su predecesor […] no deberían tener cabida en el universo mental de un mundo desacralizado, sin espíritu, sin alma, y por tanto sin trasmundos que den hogar perpetuo a estos seres” (Cansino, 2017, p. 45). Con todo, na literatura contemporánea atopamos con bastante frecuencia mortos viventes, pantasmas ou vampiros. Vallan como exemplos
Baixo o título “Mundo de la luz, mundo de las sombras” o autor penetra no universo conceptual do Ben e do Mal, sobre o que descansa moita Literatura Infantil e Xuvenil (a partir de aquí LIX) contemporánea, como a recoñecida saga de
Tras facer unha breve reflexión sobre a progresiva racionalización e desacralización do mundo contemporáneo, Cansino afirma:
O el mundo contemporáneo es un mundo lleno de contradicciones en el que lo que hemos llamado
Unha vez que mostrou diferentes e controvertidas caras dun mesmo para doxo e promoveu a reflexión ao redor dela, a obra inclúe un glosario no que se recollen as figuras máis habituais que aparecen na LIX de temática sobrenatural e finalmente ilústrao cunha selección de fragmentos de obras cuxos argumentos se sustentan en elementos que proceden de tradicións relixiosas.
Sen dúbida estamos perante unha controvertida viaxe cara aos cimentos destas figuras de orixe relixiosa que moran en infinidade de obras da LIX contemporánea e que fan as delicias dos máis novos que, ávidos de aventuras, devoran páxinas sen caer na conta de que están a aceptar un pacto narrativo cun universo do que eles, na súa gran maioría, se declaran alleos.