<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD v1.1d3 20150301//EN" "http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd">
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.1d3" specific-use="1.2" article-type="book-review" xml:lang="gl">
<front>
<journal-meta>
<journal-id journal-id-type="pmc">BGL</journal-id>
<journal-title-group>
<journal-title specific-use="original" xml:lang="gl">Boletín Galego de Literatura</journal-title>
</journal-title-group>
<issn pub-type="ppub">0214-9117</issn>
<issn pub-type="epub">2174-4025</issn>
<publisher>
<publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
<publisher-loc>
<country>España</country>
<email>bgl@usc.es</email>
</publisher-loc>
</publisher>
</journal-meta>
<article-meta>
<article-id pub-id-type="art-access-id" specific-use="pmc">9032</article-id>
<article-id pub-id-type="doi">https://doi.org/10.15304/bgl.61.9032</article-id>
<article-categories>
<subj-group subj-group-type="heading">
<subject>Libros</subject>
</subj-group>
</article-categories>
<title-group>
<article-title xml:lang="gl">Castelao, A. (2022). <italic>Nós e os álbums de guerra</italic>. Madrid: Editorial Akal, pp. 212.</article-title>
</title-group>
<contrib-group>
<contrib contrib-type="author" corresp="yes">
<name name-style="western">
<surname>Paz Fentanes</surname>
<given-names>Laura</given-names>
</name>
<xref ref-type="aff" rid="aff1"><sup>1</sup></xref>
<xref ref-type="corresp" rid="corresp1"><sup>a</sup></xref>
</contrib>
</contrib-group>
<aff id="aff1">
<label><sup>1</sup></label>
<institution content-type="original">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<institution content-type="orgname">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<country country="ES">España</country>
</aff>
<author-notes>
<corresp id="corresp1"><sup>a</sup> <email>laura.paz.fentanes@rai.usc.es</email></corresp>
</author-notes>
<pub-date pub-type="epub-ppub">
<season>Enero-Diciembre</season>
<year>2023</year>
</pub-date>
<issue>61</issue>
<product product-type="book">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<surname>Castelao</surname>
<given-names>A.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>Nós e os álbums de guerra</source>
<year>2022</year>
<publisher-name>Editorial Akal</publisher-name>
<publisher-loc>Madrid</publisher-loc>
<size units="pages">212</size>
</product>
<history>
<date date-type="received" publication-format="dd mes yyyy">
<day>10</day>
<month>02</month>
<year>2023</year>
</date>
<date date-type="accepted" publication-format="dd mes yyyy">
<day>19</day>
<month>10</month>
<year>2023</year>
</date>
</history>
<permissions>
<copyright-statement>Copyright © Universidade de Santiago de Compostela</copyright-statement>
<copyright-year>2023</copyright-year>
<copyright-holder>Universidade de Santiago de Compostela</copyright-holder>
<ali:free_to_read/>
<license xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
<ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
<license-p>Artigo en acceso aberto distribuído baixo os termos da licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)</license-p>
</license>
</permissions>
<counts>
<fig-count count="0"/>
<table-count count="0"/>
<equation-count count="0"/>
<ref-count count="0"/>
</counts>
</article-meta>
</front>
<body>
<p>A editorial Akal, na celebración do seu cincuenta aniversario, publica <italic>Nós</italic> e os <italic>Álbums de guerra</italic>, da autoría de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, tras case cinco décadas da súa publicación facsimilar na mesma casa editora. Nesta ocasión ofrécese unha preciosa caixa de cores vermellas e negras que inclúe cinco fermosos volumes en tonalidades sepia. O primeiro deles está conformado polos prólogos realizados, respectivamente, para <italic>Nós</italic> e <italic>Álbums de guerra</italic>, por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer. Os seguintes, pola súa parte, correspóndense, seguindo a orde da súa presentación, cos facsímiles de <italic>Nós, Galicia mártir, Atila en Galicia</italic> e <italic>Milicianos</italic>.</p>
<p>A escritora e docente na Universidade de Santiago de Compostela Carmen Blanco traza, no prólogo que asina ao redor de <italic>Nós</italic>, incluído no primeiro dos volumes, un repaso pola vida, baixo o epígrafe “Castelao”, e pola traxectoria artística e literaria do autor rianxeiro, en “Obra”. Baixo a entrada “Estilo”, a prologuista achega aos lectores e ás lectoras ao estilo de Castelao, innovador en moitas “cousas” que non deixaron indiferente a ninguén e que, como a propia Carmen Blanco apunta: “son as ‘cousas’, as ‘cousas da vida’ e as ‘estampas’ que o representan por antonomasia e o deron a coñecer universalmente” . O derradeiro epígrafe do prólogo a <italic>Nós</italic>, “Nós. Álbum de liberación”, supón unha análise física e interpretativa da obra, na que destacan as protagonistas, “mulleres, criaturas”, os protagonistas, “homes e animais”, e os temas centrais, “a liberdade e a opresión, o amor e o odio, a vida e a morte”, todo isto tinguido sempre da denuncia contra quen provoca o mal e cunha mirada compasiva e de folgos de apoio e de esperanza cara ós que padecen a barbarie.</p>
<p>Pola outra banda, Claudio Rodríguez Fer, escritor e profesor tamén, leva a cabo a presentación dos <italic>Álbums de guerra</italic>. Amais da descrición física dos volumes que se editan a continuación, aborda de maneira brillante a temática dos tres álbums. <italic>Galicia mártir</italic> e <italic>Atila en Galicia</italic> son os álbums con dez estampas de temática común, mentres que <italic>Milicianos</italic> contén once estampas de temática distinta. A profunda análise que fai Claudio Rodríguez Fer no seu prólogo vai dende os influxos creativos doutros artistas en Castelao, como, por exemplo, Goya, Hermann-Paul e Aristide Delannoy, Louis Raemaekers, Käthe Kollwitz, Delacroix e Arturo Souto, até un repaso da xénese editorial dos tres proxectos. Todo isto sen omitir o exhaustivo estudo lingüístico dos textos que acompañan os debuxos do que o prologuista destaca: “Este multilingüismo supuxo todo un esforzo políglota en plena contenda, produto da perspectiva internacionalista dominante no bando republicano e seguramente da solidariedade de voluntarios coñecedores do galego e das catro linguas de chegada que se utilizaron”, que foron o español, o inglés, o francés (agás en <italic>Milicianos</italic>) e o sueco (agás en <italic>Galicia mártir</italic> e en <italic>Milicianos</italic>).</p>
<p>Así mesmo, Claudio Rodríguez Fer fai un repaso sobre a importancia que supuxeron estas obras noutros autores, como Rafael Dieste, José Ángel Valente (quen legou a súa biblioteca persoal para a creación da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela e que dirixe o propio prologuista) e o mesmo Claudio Rodríguez Fer.</p>
<p>Tras o prólogo, o volume que o segue é “<italic>Nós</italic> por Castelao”, o máis voluminoso dos cinco cadernos que compoñen a caixa. Nel inclúense o “medio cento de dibuxos”, en palabras do propio Castelao, que integran o álbum. Á reprodución dos debuxos e dos epígrafes do autor precédelle o limiar mecanoescrito polo académico Xesús Alonso Montero e, a seguir, o popular retrato de Castelao. Este volume féchase co mesmo colofón que tivo a primeira impresión da obra no ano 1931.</p>
<p>O caderno “Galicia mártir” ábrese coas palabras de Castelao “Aos galegos que andan pol-o mundo” traducidas ao español, ao francés e ao ingles. Está composto por dez imaxes de tons negros e amarelos que denuncian o sufrimento das vítimas da barbarie. De igual modo que a dedicatoria inicial do autor, os textos orixinais en galego que acompañan ás imaxes tradúcense inmediatamente debaixo de cada imaxe ás tres linguas presentes no caderno.</p>
<p>“Atila en Galicia” comeza de novo coas palabras de Castelao que se traducen ás tres mesmas linguas que no caso anterior, ás que se lle engade o sueco. As dez estampas contan, pois, co orixinal inscrito no propio debuxo e coas traducións na esquina inferior dereita. Así mesmo, na derradeira páxina do caderno reprodúcese un escrito propagandístico do Comité Nacional C. N. T. Sección Propaganda y Prensa, en todas as linguas anteriormente indicadas, agás en galego.</p>
<p>“Milicianos” comeza cun debuxo e co esperábel prólogo ou explicación da obra do propio Castelao, a continuación transcrito ao español e ao inglés. As once estampas, nas que só se emprega a cor negra, contan co texto nas tres mesmas linguas na esquina inferior dereita.</p>
<p>En conclusión, pódese dicir que o impacto de Castelao e da súa obra seguen vixentes nunha Galiza que celebra, con esta nova edición, un Castelao defensor dunhas xentes que viu martirizadas pola súa ideoloxía e pola súa condición social e ás que quixo darlle a palabra e a imaxe, pero que acabou converténdose nun reflexo universal de calquera pobo aldraxado. Ninguén mellor que Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, gañadores no ano 2014 do Premio Galiza Mártir, patrocinado pola Fundación Alexandre Bóveda, para levar a cabo este necesario e excelente proxecto.</p>
</body>
</article>