<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?><?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD v1.1d3 20150301//EN" "http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd">
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.1d3" specific-use="1.2" article-type="book-review" xml:lang="gl">
<front>
<journal-meta>
<journal-id journal-id-type="redalyc">bgl</journal-id>
<journal-title-group>
<journal-title specific-use="original">Boletín Galego de Literatura</journal-title>
<abbrev-journal-title abbrev-type="publisher">bgl</abbrev-journal-title>
</journal-title-group>
<issn pub-type="ppub">0214-9117</issn>
<issn pub-type="epub">2174-4025</issn>
<publisher>
<publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
<publisher-loc>
<country>España</country>
<email>bgl@usc.es</email>
</publisher-loc>
</publisher>
</journal-meta>
<article-meta>
<article-id pub-id-type="art-access-id" specific-use="redalyc">7634</article-id>
<article-id pub-id-type="doi">https://doi.org/10.15304/bgl.58.7634</article-id>
<article-categories>
<subj-group subj-group-type="heading">
<subject>Libros</subject>
</subj-group>
</article-categories>
<title-group>
<article-title xml:lang="gl">Requeixo, A. Tarrío, A. (Coords.) (2020). <italic>Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero</italic>. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Cadernos Ramón Piñeiro, XL. 321 páxinas</article-title>
</title-group>
<contrib-group>
<contrib contrib-type="author" corresp="no">
<name name-style="western">
<surname>Mosquera Calvo</surname>
<given-names>Inés</given-names>
</name>
<xref ref-type="aff" rid="aff1"/>
</contrib>
</contrib-group>
<aff id="aff1">
<institution content-type="original">Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades</institution>
<institution content-type="orgname">Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades</institution>
<country country="ES">España</country>
</aff>
<pub-date pub-type="epub-ppub">
<season>Enero-Junio</season>
<year>2021</year>
</pub-date>
<issue>58</issue>
<fpage>9</fpage>
<lpage>13</lpage>
<product product-type="book">
<person-group person-group-type="editor">
<name>
<surname>Requeixo</surname>
<given-names>A.</given-names>
</name>
<name>
<surname>Tarrío</surname>
<given-names>A.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero</source>
<year>2020</year>
<publisher-name>Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades</publisher-name>
<publisher-loc>Santiago de Compostela</publisher-loc>
<size units="pages">321</size>
</product>
<permissions>
<copyright-statement>Copyright © Universidade de Santiago de Compostela</copyright-statement>
<copyright-year>2021</copyright-year>
<copyright-holder>Universidade de Santiago de Compostela</copyright-holder>
<ali:free_to_read/>
<license xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
<ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
<license-p>Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional.</license-p>
</license>
</permissions>
<counts>
<fig-count count="0"/>
<table-count count="0"/>
<equation-count count="0"/>
<ref-count count="0"/>
</counts>
</article-meta>
</front>
<body>
<sec>
<title/>
<p>Neste pasado 2020 dedicóuselle o Día das Letras Galegas ó polígrafo Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990). Co gallo de homenaxear e difundir o prolífero traballo do ferrolán, saíron á luz numerosas publicacións dedicadas á súa figura. Entre elas, saíu do prelo o monográfico <italic>Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero</italic>, coordinado por Armando Requeixo e Anxo Tarrío. O volume engádese ao catálogo de monografías que os Cadernos Ramón Piñeiro dedican ás voces máis relevantes da literatura galega. Esta nova entrega dos Cadernos Ramón Piñeiro recolle vinte achegas de expertos sobre o autor homenaxeado, a súa vida, as súas diversas angueiras e as etapas históricas que marcaron a súa traxectoria vital e profesional. </p>
<p>No limiar que abre este volume, os coordinadores explican o seu artellamento, agrupando a vintena de artigos en tres bloques. No primeiro, “O autor e o seu tempo”, recóllense ensaios sobre os fitos das distintas épocas da vida de Ricardo Carvalho Calero. O segundo bloque, “Panorámicas”, confórmano estudos sobre as súas diferentes facetas. Por último, a terceira sección, “Escritas”, integra artigos sobre aspectos específicos da súa biobibliografía e ensaios testemuñais. </p>
<p>“O autor e o seu tempo” recolle cinco estudos sobre as súas orixes en Ferrol, as etapas de Preguerra, Guerra e Posguerra e os seus últimos anos. As súas raíces abórdaas Germán Castro Tomé en “A ferrolanía de Ricardo Carvalho Calero”, onde recolle numerosas confesións de ferrolanía do autor e analiza a presenza desta na súa obra, ademais de reflexionar sobre a resposta institucional e cidadá á representación da súa figura como representante do sentimento de apego e vencello a Ferrol e membro da ferrolanidade. Justo Beramendi, sobre a etapa da Preguerra, en “A experiencia nacionalista de Carballo Calero (1926-1936)”, sitúa o modelo ideolóxico e político ós inicios da súa traxectoria pública e intelectual desde a súa chegada a Santiago de Compostela ata a súa participación na Guerra Civil. En “Correspondencia inédita con Ricardo Carvalho Calero sobre <italic>Scórpio</italic> e a Guerra Civil española”, Claudio Rodríguez Fer presenta un corpus de trece cartas entre Carmen Blanco e Ricardo Carvalho Calero e unha misiva para María Ignacia Ramos,   cuxa temática xira en torno á novela <italic>Scórpio</italic> e ás referencias históricas e lite rarias á Guerra Civil. María Dolores Villanueva Gesteira, sobre a época da Posguerra, presenta en “Ricardo Carballo Calero: en primeira liña do movemento galaxiano. Ensaísta, editor e escritor da Editorial Galaxia entre 1950 e 1963” o percorrido do autor durante este período, destacando a relevancia da publicación de <italic>Historia da literatura galega contemporánea</italic> en 1963 como símbolo do triunfo do criterio filolóxico para a delimitación da literatura galega.   Finalmente, sobre os últimos anos, versa Bernardo Penabade en “A escola de Ricardo Carvalho, referente do Modelo Burela”, onde explica o modelo pedagóxico de Ricardo Carvalho Calero e a repercusión que tiveron no Modelo Burela os seus modelos de planificación lingüística e planificación escolar. </p>
<p>O segundo bloque, “Panorámicas”, está constituído por unha selección de nove ensaios sobre os diferentes perfís do polifacético ferrolán: o Ricardo   Carvalho Calero intelectual, o académico, o lingüista, o narrador, o vate, o dramaturgo, o autor de literatura infantil e xuvenil, o tradutor e o estudoso da literatura galega de tradición oral. María Pilar García Negro en, “Ricardo Carvalho Calero, construtor da lingua e da literatura galegas”, presenta o polígrafo como pioneiro no estudo formal da literatura, que manifestou a necesidade da elaboración dun estudo da súa historia e, coa súa realización, sentou unhas sólidas bases epistemolóxicas para posteriores estudos. Víctor F. Freixanes debulla a súa participación na vida académica da Real Academia Galega desde o discurso das primeiras Letras Galegas ata a desconformidade á hora do establecemento dun acordo ortográfico no estudo “Ricardo Carballo Calero na Academia”. Canto á súa angueira como lingüista, Manuel González González, en “<italic>A Gramática elemental del gallego común</italic> e a creación da cátedra de galego na USC, dúas referencias na historia do galego do século XX”, reflexiona sobre a súa posición nuclear na lingüística do terceiro cuarto do século XX, como autor da <italic>Gramática</italic> e primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. Mario Regueira achégase á narrativa do autor en “O gume dos ciclos. Unha visión narrativa de Carvalho Calero”, analizando a forma na que as súas obras xogan coa idea de campo literario, prestando atención á constitución do seu imaxinario nun contexto de mudanzas sociais e históricas. Miro Villar estuda a obra lírica en galego de Ricardo Carvalho Ca lero recollida en libros e publicacións seriadas e insta á publicación da <italic>Poesía Completa</italic> do autor en “Un achegamento á poesía galega de Ricardo Carvalho Calero”. Sobre o seu vencello co teatro versa Henrique Rabuñal no artigo “Carvalho Calero: autor e cronista do teatro galego”, analizando o ensaio “O   Teatro Galego Actual” e repasando os seus títulos dramáticos atendendo ó período de preguerra, ó de posguerra previo a Fingoi, ó de docencia universitaria e ó do ano da súa xubilación. Carmen Ferreira Boo analiza a súa faceta de escritor e de crítico literario en literatura infantoxuvenil en “Ricardo Carvalho Calero e a Literatura Infantil e Xuvenil”. Xosé Manuel Dasilva analiza a súa actividade tradutora, como tradutor, autotradutor e crítico no estudo “Balance de Ricardo Carballo Calero como tradutor”. Pecha esta sección a faceta de estudoso da literatura galega de transmisión oral coa investigación de José Luís Forneiro, “A presença dos géneros narrativos de tradição oral na literatura galega do ‘Renacimento’ segundo Ricardo Carvalho Calero”, no que recolle os autores citados polo ferrolán que cultivaron os xéneros da lenda, a poesía narrativa e o conto.</p>
<p>O apartado “Escritas” ábrese con “O epistolario de Ricardo Carballo Calero-Francisco Fernández del Riego”, no que Luís Alonso Girgado e Ánxela Lema París presentan misivas enviadas ó longo do proceso de elaboración da <italic>Historia da literatura galega contemporánea</italic>. Ségueo o artigo “Unha carta de Carballo Calero a Gonzalo Puentres sobre o Colexio Fingoi”, no que Rafael Chacón ofrece unha carta que detalla a situación do Colexio Fingoi en 1917 e describe a vida de Carvalho Calero en Fingoi e na escola que tamén porta este nome. Henrique da Cota, con “Un Carvalho baixo o fado do escorpión”, realiza unha análise de <italic>Scórpio</italic> atendendo ás voces narrativas, á súa temática, estrutura, complexidade técnica e carácter de novela heterobiográfica. Tamén Carlos Quiroga, baixo o título “<italic>Scórpio</italic>, un romance fundacional”,   realiza unha análise desta novela como romance fundacional, atendendo á recreación do tempo histórico, á proposta narrativa de foco múltiple, constituínte dunha fonte de información biográfica en norma reintegrada. Os dous últimos artigos, en clave de testemuño, son da autoría de Blanca-Ana Roig Rechou e Anxo Tarrío Varela e son mostra da pegada do legado material e inmaterial que o ferrolán entregou á cultura galega. En “<italic>Breviario Antológico   de la Literatura Gallega Contemporánea</italic>, R. Carballo Calero”, Blanca-Ana Roig relata como Ricardo Carvalho Calero a achegou á literatura galega, a fixo crí tica e investigadora e emprega seis chanzos para explicar a súa instalación na lingua galega e descubrimento da súa literatura. Pola súa parte, Anxo Tarrío Varela en “Memorias dun neno urbano galego. <italic>In memoriam Ricardo Carvalho Calero</italic>”, narra a súa andanza universitaria con Ricardo Carvalho Calero como profesor e relembra o encontro do profesor co xa exalumno. </p>
<p>Ricardo Carvalho Calero: filólogo, lingüista, historiador da literatura, crí tico literario, docente, académico, autor de obras de referencia e de investigacións pioneiras, primeira cátedra de Lingüística e Literatura galegas, defensor do reintegracionismo, que prestou a súa atención ós diferentes xéneros literarios cunha extensa obra e canonizou a historia da literatura galega. Innegablemente, unha figura imprescindible para as nosas letras. Este XL volume dos Cadernos Ramón Piñeiro dá conta destas múltiples facetas do polígrafo, percorrendo a súa traxectoria vital, profesional e autorial. Unha obra coas perspectivas analíticas, críticas e testemuñais de vinte e un expertos, que nos permite entendermos a súa andaina no contexto histórico e cultural que se insería, os fitos que acadou e o significado e repercusión que estes tiveron no noso sistema literario. Constitúese así un monográfico de referencia para estudosos e lectores interesados nunha personalidade que cómpre lembrar máis alá do ano no que se homenaxea.</p>
</sec>
</body>
</article>