<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD v1.1d3 20150301//EN" "http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd">
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.1d3" specific-use="1.2" article-type="editorial" xml:lang="gl">
<front>
<journal-meta>
<journal-id journal-id-type="pmc">Agora</journal-id>
<journal-title-group>
<journal-title specific-use="original" xml:lang="gl">Agora Papeles de Filosofía</journal-title>
</journal-title-group>
<issn pub-type="ppub">0211-6642</issn>
<issn pub-type="epub">2174-3347</issn>
<publisher>
<publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
<publisher-loc>
<country>España</country>
<email>agorapap@usc.es</email>
</publisher-loc>
</publisher>
</journal-meta>
<article-meta>
<article-id pub-id-type="art-access-id" specific-use="pmc">9712</article-id>
<article-id pub-id-type="doi">https://orcid.org/0000-0003-2607-3390</article-id>
<article-categories>
<subj-group subj-group-type="heading">
<subject>Editorial</subject>
</subj-group>
</article-categories>
<title-group>
<article-title xml:lang="gl">ANOS CON <italic>AGORA</italic></article-title>
</title-group>
<contrib-group>
<contrib contrib-type="author" corresp="no">
<contrib-id contrib-id-type="orcid">https://orcid.org/0000-0002-1289-2937</contrib-id>
<name name-style="western">
<surname>Soto</surname>
<given-names>Luís G.</given-names>
</name>
<xref ref-type="aff" rid="aff1"><sup>1</sup></xref>
</contrib>
</contrib-group>
<aff id="aff1">
<label><sup>1</sup></label>
<institution content-type="original">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<institution content-type="orgname">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<country country="ES">España</country>
</aff>
<pub-date pub-type="epub-ppub">
<season>Julio-Diciembre</season>
<year>2024</year>
</pub-date>
<volume>43</volume>
<issue>2</issue>
<permissions>
<copyright-statement>Copyright © Universidad de Santiago de Compostela</copyright-statement>
<copyright-year>2024</copyright-year>
<copyright-holder>Universidad de Santiago de Compostela</copyright-holder>
<ali:free_to_read/>
<license xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
<ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
<license-p>Artigo en acceso aberto distribuído baixo os termos da licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)</license-p>
</license>
</permissions>
<counts>
<fig-count count="0"/>
<table-count count="0"/>
<equation-count count="0"/>
<ref-count count="0"/>
</counts>
</article-meta>
</front>
<body>
<p>A nosa experiencia, a de Alejandro Sobrino e a miña, con <italic>Agora: Papeles de Filosofía</italic> é poliédrica: primeiro, público lector, ou sexa, destinatarios, como público e lectores; despois facer parte do corpo da revista, como membros do consello de redacción, e colaborar como autores, en tempos en que estes estatutos eran compatíbeis; finalmente, integrar a dirección da revista.</p>
<p><italic>Agora</italic> foi fundada polos departamentos de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1980 e publica o seu primeiro número en 1981. Cando me incorporo ao consello de redacción, ao final desa década, xa deu uns firmes primeiros pasos e, aprendendo sobre a marcha, efectuou unha importante reestruturación: dotouse dun regulamento de réxime interno e conta cun consello científico, que asentan e melloran o decorrer da revista. Até aí, publicando un número por ano fora cumprindo satisfactoriamente a súa función inicial: servir de órgano de expresión do que na Facultade se ía traballando en Filosofía, sen descoidar o contexto de Galicia e o mundo filosófico en xeral, en especial o ámbito universitario español.</p>
<p>Na década de 90, <italic>Agora</italic> pasará a editar dous números por ano, o que vai representar un considerábel esforzo, sobre todo en termos editoriais, pois na confección da revista o Servizo de Publicacións, que desde o inicio presta unha magnífica colaboración, só intervén no momento final, de impresión, publicación e difusión. Esta circunstancia, paradoxalmente unida á boa acollida académica e á crecente recepción de orixinais, vai afectar á periodicidade e o normal desenvolvemento da publicación, sobre todo coa entrada no século XX, nun entorno cambiante nacional e internacional, con necesidades e urxencias de mudanza e adaptación. Intentámolo entre todos, con maior ou menor acerto, fomos aos poucos achando o camiño e a partir de 2005 conseguiuse endereitar a marcha da revista.</p>
<p>Nesas datas, incorporeime á dirección, compartida con Marcelino Agís, e con Uxía Rivas e Luis R. Camarero na secretaría. Naquela altura propuxémonos: 1) recuperar o atraso, 2) adaptar a revista aos procedementos e avances en edición ao alcance da USC, 3) transformar a revista nunha publicación acorde cos parámetros académicos e científicos marcados polas axencias de avaliación, tomando como referencia a FECYT, 4) internacionalizar a revista, nos contidos publicados e na súa difusión. Aproximadamente, nuns 5-7 anos atinximos eses obxectivos. Con algúns cambios no equipo, compartindo a dirección con Luis R. Camarero e despois Nel R. Rial, e coa incorporación de Alejandro Sobrino, logramos consolidar eses resultados nos anos seguintes. Nese período, en 2012, <italic>Agora</italic> deixou de editarse en papel, pasando a ser só dixital. Con esta mudanza incrementouse, intensificouse, a relación co Servizo de Publicacións, nomeadamente co seu director, Juan Blanco e, moi estreitamente, con Enrique Quintáns, un verdadeiro compañeiro nas tarefas de edición da revista.</p>
<p>A partir de 2016, Alejandro Sobrino e eu, o equipo de dirección, apoiados polo consello de redacción, propuxémonos: 1) continuar e avanzar na modernización e actualización da edición, para conseguir unha mellor e maior difusión, 2) ligando este obxectivo ao coidado e incremento da calidade dos contidos publicados, así como 3) á renovación do parámetros, directrices é órganos (nomeadamente, o consello científico) e 4) ampliar o recoñecemento da calidade da revista, por medio da inclusión en bases de datos e a cualificación por axencias de avaliación. Así, logramos o selo de calidade da FECYT e a incorporación en Scopus. Nesa altura, tamén nos pareceu importante recuperar o espírito inicial e, contrabalancear a apertura e internacionalización consolidadas, coa publicación de artigos e/ou monográficos de persoas integrantes ou procedentes dos estudos de Filosofía da USC.</p>
<p>Hai un ano, en febreiro de 2023, anunciamos o nosa decisión de non presentarnos á reelección na dirección da revista. Non por non estarmos contentos, senón por considerar que se trataba dun bo momento para a renovación.</p>
<p>Facer unha revista como <italic>Agora</italic> é un traballón, mais tamén unha experiencia, na que acaba por intervir moita xente, de comunicación, relación, acción persoal e conxunta, que poden ser, e foron, moi gratificantes. Pola nosa parte, moitas grazas a todas/os cantas/os, nun momento e/ou outro, tedes acompañado este percurso: ás persoas que integraron os equipos directivos (dirección, secretaría e, outrora, administración), os consellos de redacción, o comité científico, ás/os autoras/es e coordinadoras/es de monográficos, ás/os informantes, ás/os apoiantes (proporcionando contactos, dando ideas, fortalecendo ánimos), aos departamentos e a facultade de Filosofía, motores e sustento desta singradura, ao persoal do Servizo de Publicacións e a imprenta universitaria, ás vicerreitorías implicadas e os reitores correspondentes, a toda a xente ao redor, que lendo, comentando, difundindo o publicado contribuíu ao mantemento e dinamización da revista.</p>
<p>Ah! Pola nosa parte, non nos imos, senón que pasamos, voltamos, a outras caras do poliedro: público lector e, por que non?, outra vez autores.</p>
</body>
</article>